A Toca, na parroquia de Recemel, celebra o 13 e 14 de xuño as súas festas na honra a San Antón, que contan coa colaboración do Concello das Somozas.

Sábado, 13 de xuño

Ás 13:00 h haberá misa solemne, seguido de fogos de artificio. Despois terá lugar a sesión vermú amenizada polo ‘Dúo Maracuyá’. Xa pola noite, a partir das 22:30 h, as persoas asistentes poderán gozar da gran verbena amenizada polas orquestras ‘Gran Parada’ e ‘Panamá’.

Domingo, 14 de xuño

Ás 13:00 h haberá misa solemne, seguido de fogos de artificio. Despois terá lugar a sesión vermú amenizada por ‘Os Tafornelos’. Ademais haberá pulpeira e sesión de tarde amenizada pola orquestra ‘Gran Parada’.

Ademais, haberá unha gran carpa para poder desfrutar da festa no caso de choiva.