O sábado, 4 de novembro, chega o Magosto ás Somozas coa Festa do Samaín.

A xornada, organizada pola Asociación de veciños Santa María de Seixas e na que colabora o Concello das Somozas, levarase a cabo desde as 17:00 horas na Escola de Seixas.

Haberá elaboración e concurso de cabazas, asado de castañas e contos de antes. Serán benvidos os traxes terroríficos.

As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición no 619 87 82 22 (Cris) antes de 1 de novembro. Os socios poderán acudir de balde e os non socios terán un custo de 2 euros.