O sábado, 12 de outubro, chega á praza do Concello a Feira do Lisco 2024.
Unha festividade na que ao longo do día as persoas asistentes poderán gozar dun gran xantar popular, o cal estará acompañado desde a sesión vermú e ata a tarde/noite polo Dúo Gaia.
O xantar comezará ás 14:00 horas e conta cun amplo menú con opcións para todos os gustos no que, como era de esperarse, os liscos serán o prato forte. O menú inclúe:
- Empanada.
- Caldo galego e Taza.
- Carne salgada.
- Liscos.
- Queixo con marmelo.
- Castañas asadas.
- Café.
- Chupitos.
- Viño, refrescos e auga.
Terá un prezo de 25 euros por adulto. Para os nenos e nenas de 7 a 12 anos será de 15 euros, e no caso dos menores de 7 anos será de balde.
Haberá tamén unha carpa na que resgardarse no caso de que chova.
As inscricións están xa abertas e poderedes anotarvos ata o mércores, 9 de outubro, chamando a algún dos seguintes números:
- 679 957 780 (Enrique).
- 636 598 351 (Kavi).
- 699 054 635 (Juan).
Actividade organizada pola Asociación Cultural e Deportiva O Santiaguiño e coa colaboración do Concello das Somozas.