O Pavillón Municipal das Somozas acollerá o vindeiro 13 de febreiro a tradicional Festa de Entroido. 

A partir das 17:00 horas, as instalacións deportivas abrirán as súas portas para celebrar esta festividade típica destas datas. Ademais, haberá inchables, chocolatada, concursos de disfraces e moita diversión.

O concello convoca, como cada ano, un certame de disfraces no que todas as persoas interesadas poden participar. Haberá tres categorías:

  • Infantil (0-12 anos)
  • Adulto (a partir dos 13 anos)
  • Grupos (A partir de 2 persoas)

As inscricións poderán presentarse presencialmente nas oficinas do rexistro do Concello, no Complexo Multiusos das Somozas ou a través da sede electrónica entre o luns, 2 de febreiro, e o luns, día 9, (ambos incluídos).