O próximo sábado, 6 de maio, celebrarase a Excursión ás Rías Baixas na que se visitará Vilagarcía de Arousa, as ruínas de Santa Mariña de Dozo e o mirador da Pastoriza. Ademais, tamén se realizará unha visita en barco para ver fondos mariños e cultivos de ostras e mexillóns en batea.

Terá un custo de 25 euros para as persoas socias, e 35 euros para as non socias.

Inscricións antes do 3 de maio en:

  • 669 386 565 (Bea)
  • 677 545 350 (Alfredo)
  • 627 933 617 (Belén)