Realizarase unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro, ao mercado de Padrón e á Catedral de Santiago.

Será o 8 de setembro, cun prezo estimado de 26 euros para adultos e para a rapazada de ata 12 anos, de 22,5 euros.

O prezo inclúe autocar, comida, entrada e visita á Casa Museo de Rosalía de Castro e seguro de asistencia en viaxe.

A saída será desde o centro cívico sociocultural das Somozas ás 08:15 horas e haberá opcións de menú adulto e infantil.

As inscricións poden formalizarse no Centro Cívico Sociocultural e a data límite para facelo é o 1 de setembro.

Máis información a través do teléfono 881 048 466.