O sábado, 16 de agosto, iremos de excursión a Gijón nun autobús que sairá do Concello das Somozas para visitar a cidade e a 68ª Feria de Muestras de Asturias.

Sairase do Centro Cívico Socio-Cultural, ás 7:30 horas, prevéndose a chegada antes das 11:00 horas. O xantar será nun restaurante local ás 14:00 horas e ás 20:00 horas voltaremos ao noso municipio. O prezo inclúe autocar, restaurante e entrada á feira.

O prazo de inscrición está aberto, para conseguir o teu asento só tes que anotarte no Centro Cívico Socio-Cultural antes do venres, 8 de agosto.