Promaso organiza, en colaboración co Concello das Somozas, unha excursión á Feira Internacional de Tineo-Asturias para o vindeiro 21 de xuño.

A Feria Forestal Internacional ASTURFORESTA, sitúase como referente forestal do sur de Europa e punto de encontro do sector forestal, onde se darán a coñecer os avances técnicos do sector, así como a situación do mercado a nivel nacional e internacional.

A saída do bus será ás 7:00 da mañá desde diante do Centro Cívico Sociocultural das Somozas. A volta está prevista para as 21:00 horas.

As persoas interesadas deberán apuntarse, do 16 de maio e ata o 5 de xuño, nos seguintes teléfonos 674 12 09 54 (Senén), 609 79 37 53 (Antonio) ou enviando un correo electrónico a [email protected]