O 28 de abril terá lugar unha excursión á Costa da Morte, na visitarase Fisterra, o Mercado de Cee e a Fervenza do Ézaro.

O prezo estimado é de 25 euros e inclúe autocar, restaurante, guía e seguro de viaxe. As inscricións deberán realizarse no Centro Cívico Sociocultural ou no 881 048 466 ata o 19 de abril. Esta excursión require de un mínimo de 40 persoas inscritas.

A primeira visita será Fisterra, o Finis Terrae dos romanos. No faro de Fisterra acababa a terra para os romanos e empezaba o misterio do descoñecido.

A continuación, visitarase o Mercado de Cee. Tras o almorzo, no restaurante da zona, acudirase á Fervenza do Ézaro, un lugar único en Europa xa que é unha das poucas fervenzas que se precitipan directamente ao mar.  No derradeiro tramo do río xallas desmboca o mar formando este salto de 40 metros e un pozo de máis de 17 metros de profundidade.

Tras esta visita, emprenderase o camiño de regreso a casa.

Descarga o formulario de inscrición aquí. (Prazo de inscrición definitiva o mércores, 24 de abril)

Tamén haberá dispoñibles formularios tanto na Casa do Concello como no Centro Cívico Sociocultural.

 

  • Horario de saída e regreso

A saída será o 28 de abril ás 8:00 horas desde o Centro Cívico Sociocultural. (Rógase puntualidade).

O regreso está programado para as 20:30 horas aproximadamente.