A Asociación de Veciños A Cañota “A Toca” organiza, en colaboración co Concello das Somozas, unha excursión a Celanova para o vindeiro 10 de maio.
Visitarase Celanova, xacemento e baños Romanos, Caldas de Lobios e hórreos de A Merca.
A saída do bus será ás 8:00 horas desde A Toca.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 7 de maio, nos seguintes teléfonos 669 386 565 (Bea), 677 542 350 (Alfredo) e 627 933 617 (Belén).
Os prezos será de 25 euros para as persoas socias da asociación e de 30 euros para as persoas non socias. O prezo inclúe comida, guía e seguro de viaxe.