O venres, 26 de xuño, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o espectáculo familiar ‘Canta miña pedra, canta’ de Charo Pita e Xoán Curiel.
Xoán Curiel e Charo Pita fan un tándem en escena cun divertido espectáculo teatral, para público infantil e familiar, con elementos de participación activa, narración oral e música en directo.
Dous etnógrafos atópanse nunha estación e diríxense á capital para dar unha conferencia acerca de Antonio Fraguas. Mentres esperan a chegada do tren, narrarán historias e contos populares, cantarán cantigas e descubriran o mundo deste autor. As cancións que se atopan neste espectáculo recollen a biografía de Fraguas e tamén os contos e cantigas populares recollidas polo escritor e cantadas ou narradas polo pobo ao longo dos séculos.
O obxectivo deste espectáculo, en galego, non é só que o público asistente coñeza devandito patrimonio dunha forma divertida, se non tamén que goce cantando e participando dos contos e cantigas nesta comedia teatral infantil e familiar.
A función dará comezo ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.
Actividade enmarcada no programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CUIDEN).