Este sábado, 1 de marzo, a Asociación de Veciños Santa María de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organizan o Entroido de Seixas.

Terá lugar o 1 de marzo, a partir das 16:30 horas na Escola de Seixas.

Haberá o I concurso de carteis de entroido en colaboración co CEIP O Marbán. Así como tamén premios para o mellor doce, o mellor disfrace e o mellor baile.

As persoas poderán gozar de música en directo do grupo No Cómbaro