Hoxe, 9 de xuño, celebramos o Día Internacional dos Arquivos, que este ano conmemora a creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA). Ademais, o tema da semana internacional dos arquivos en 2025 é arquivos accesibles para todos e todas.
Así, desde o Concello das As Somozas unímonos a esta celebración e convidamos a toda a veciñanza a que visitedes as mostras  o documento do mes que, dende xullo de 2024, renovamos mensualmente na vitrina situada a entrada da casa constistorial co obxectivo de achegar o fondo documental a toda a veciñanza e difundir a historia local.

O documento deste mes de xuño é a información impositiva municipal, que tamén pode consultar a través desta ligazón do Ministerio de Facenda.

O proxecto ‘O documento do mes do arquivo municipal’ naceu para dar a coñecer os documentos valiosos e curiosos do fondo do Arquivo Municipal e achegar a historia propia aos cidadáns. Con esta proposta pretendese conseguir:

  • Difundir as pezas valiosas e raras do fondo documental municipal.
  • Coñecer e valorar o patrimonio documental municipal.
  • Achegar o funcionamento da administración local a veciñanza.
  • Fomentar a investigación sobre a historia municipal.

Desta forma ofrecerase una exposición mensual na que amosar un documento ou varios relacionados (fracción de serie) sobre un tema de interese na historia local. Documentos dende 1845 ata 2018 referidos ao municipio das Somozas.