A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores, 20 de agosto, en horario de 16:00 a 21:00 horas, diante do Concello.
Para doar sangue hai que almozar e despois de xantar esperar 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. No caso de estar a tomar algún medicamento deberá informar ao médico.
Ante calquera dúbida, podes chamar e informarte na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no 900 100 828.


