No Concello de Somozas celebramos o Día das Bibliotecas coa campaña ‘Libros Libres’!
A iniciativa consiste na entrega de once caixas de libros, tanto en galego como castelán, de coñecemento e ficción para todas as idades.
Poderedes atopalos nos seguintes establecementos: Casa Amando, Cervexería o Carballo, Café Bar A Roda, Mesón A Esquina, Casa Jarel, Casa Ameneiro, Café Bar A Rodela, Autoservicio Sumaga, Farmacia Francisco Javier López e nas perruquerías de Azucena e Mónica.
Estes libros proceden do expurgo da colección da biblioteca municipal en busca dunha segunda vida, fomentando a sostibilidade.
Celebra este Día das Bibliotecas coa mellor compañía: a lectura!




