GDES WIND SL organiza un curso de reparación e mantemento de palas eólicas, cunha duración de 248 horas, cuxa 11ª edición se iniciará a principios de abril 2024 e durante 31 xornadas de luns a vernes.

O contido da formación será o seguiente:

Prevención de Ricos Laborais impartirase na Academia Newton en Vilalba (Lugo):
– Formación de nivel básico en PRL.
– Formación GWO (Traballos en altura, manipulación manual de cargas, primeros auxilios, extinción de incendios, uso elevadores, etc.).
– Outra formación PRL específica do sector eólico (oficio, espazos confinados, risco químico, bloqueo e etiquetado LOTO, manexo ponte grúa, carretilla elevadora, uso PEMP homologado por IPAF, etc.).

Teórico-práctica en reparación de palas eólicas homologado por GWO, “GWO Blade Repair”, que se impartirá no centro de traballo de GDES Wind en As Pontes de García Rodríguez en colaboración con SEGANOSA:
– “GWO Blade Repair”: 70 horas + 10 h de formación en Inspección de palas eólicas.

Precio del curso: gratuíto 

Perfil alumnos/as: Con interés real na actividade de reparación e inspección de palas eólicas. Posibilidade de contratación á finalización do curso, para o cual será imprescindible a disposición da mobilidade xeográfica nacional e internacional, capacidade demostrada para traballar en altura e permiso de circulación tipo B; altamente valorado o coñecemento de idiomas (inglés, francés, principalmente).

Interesados/as enviar o seu cv por mail a: [email protected] indicando no asunto “Interesado/a en curso iniciación a reparación de palas eólicas”.