A Axencia de lectura municipal organiza, do 14 ao 21 de febreiro, a actividade ‘Cita a cegas, namórate da lectura’.  
A Biblioteca do Centro Cívico Sociocultural das Somozas ofrecerá libros para préstamo que están envoltos sen saber cal é o seu título. Cada libro terá unha tarxeta cun pequeno texto sobre o seu contido, a lingua e a idade á que están orientados. Haberá exemplares para todos os públicos: infantil, xuvenil e adultos, en castelán e galego.
Sabías que os gregos a consideraban a mazá como a froita da sabeduría? Pois agora soamente tes que caer na tentación e levar un destes libros “a cegas”.
Máis información no propio Centro Cívico sociocultural, no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 881 04 84 66.