Do 14 ao 17 de febreiro celebramos San Valentín cunha Cita a Cegas na Axencia de Lectura das Somozas.
Esta actividade consiste en envolver distintos libros e indicar nunha tarxeta un pequeno resumo do que tratan sin mencionar o título nin o autor para que as persoas os escollan e os leven en préstamo guiándose soamente pola súa intuición.
Haberá libros para público infantil e xuvenil.