O salón de plenos do Concello das Somozas acollerá un nova nova charla, organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns. sobre a aproximación ao dano cerebral adquirido.
A actividade formativa dirixida a todo o público en xeral será impartida por FEGADACE o vindeiro 11 de xuño en horario de 16:30 a 18:30 h.

As persoas interesadas poderán inscribirse aquí ou chamando ao teléfono 881 042 066.
O obxectivo desde obradoiro é concienciar á veciñanza sobre o dano cerebral adquirido, as súas principais causas e os seus síntomas, factores de risco e pautas de actuación.
Trataranse:
– Causas (como o ictus, accidentes de tráfico, traumatismos cranioencefálicos…)
– Secuelas do dano cerebral adquirido.
– Recursos dispoñibles para persoas con DCA e as súas familias.
Consulta o programa completo aquí.