Carglass estará nas Somozas para aplicar un tratamento antichoiva e antimosquitos nos vehículos.
Con este servizo gratuíto será posible mellorar a visibilidade, limpeza e eficacia do parabrisas do teu automóbil.
Estará o 17,18 e 19 de novembro, na praza do Concello, en horario de 9:30 a 15:00 horas.
Para desfrutar deste servizo non será necesario solicitar cita previa.