O Concello das Somozas organiza, outro verán maís, un campamento de verán dirixido a crianzas nadas entre os anos 2013 e 2021, co obxectivo de axudar coa conciliación familiar durante as vacacións escolares, á vez que a rapazada atopa unha alternativa divertida na que desenvolver relación sociais e educativas.

O programa realizarase entre o 29 de xuño ata o 31 de xullo no Complexo Multiusos das Somozas, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

As familias interesadas poderán solicitar unha das 40 prazas de balde ofertadas desde o 10 de xuño ata o 19 de xuño no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén están dispoñibles os teléfonos 981 404 101 ou o 881 042 066 para calquera dúbida ou información.

Esta proposta, financiada polo Plan Corresponsables, busca educar a través do xogo e da diversión, estimulando a creatividade e imaxinación nas crianzas, desenvolvendo as súas habilidades sociais fomentando o traballo en equipo e as súas capacidades creativas, manuais, artísticas, físicas e estéticas.

A rapazada participará en actividades relacionadas ca arte, a cultura, a música, ou o deporte; ademais de excursións e actividades complementarias.

Esta actividade está financinanciada mediante subvención da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade (SI436A), Plan Corresponsables, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+G Galicia 2021-2027. do Plan Corresposables.