O Concello de Somozas  únese ao Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego para suberse ao autobús do teatro dirección Santiago de Compostela, para acudir a “Os actos e as Profecías”, unha produción do Centro Dramático Galego que conta coa dramaturxia de Xacio Baño e a dirección e dramaturxia de Tamara Canosa.

A función será no Salón Teatro de Santiago de Compostela o día 8 de maio ás 18:00 horas. A hora de saída será ás 15:00 horas desde o Centro Cívico Socio-Cultural das Somozas e a hora de volta será ao rematar a función ás 20:30 horas. A entrada terá un coste de 3 euros.

As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 8 de abril. Inscricións e máis información nos teléfonos 881 048 446