Comunícase que de acordo coas medidas preventivas en materia de saúde pública acordada polo Consello da Xunta de Galicia de data 12 de marzo de 2020, o Concello das Somozas adopta as seguintes medidas que afectan ao funcionamento dos servizos públicos dende o próximo luns l6 de marzo de 2020

  • A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada a casos urxentes. Toda a atención se realizará polos empregados municipais a través da sede electrónica sede.asomozas.es, do correo electrónico [email protected] e do teléfono 981404101 (Extensións: 1-Alcaldía, 2-Servizos sociais, 3-Rexistro e padrón, 4-Contabilidade, 5 -Urbanismo, 6-Xulgado).
  • Suspéndense as actividades no pavillón polideportivo municipal.

Para evitar posibles contaxios lémbrase o seguinte:

  • Recoméndase non acudir a lugares que conleven aglomeración de persoas, especialmente se se trata de sitios pechados e poñendo especial atención a colectivos vulnerables (persoas maiores, poboación infantil ou persoas con enfermidades crónicas.
  • Lavarse as mans frecuentemente, sendo recomendable o uso de xeles desinfectantes.
  • Ao tusir cubrir a boca e o nariz cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
  • Se se presentan síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.

Recoméndase que se sigan as instruccións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, utilizar o teléfono de información para a cidadanía 900 400 116, e de ter algún síntoma contactar co 061.

As Somozas, 13 de marzo de 2020.

O Alcalde.
Juan Alonso Tembrás.