- Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.
- O alumnado de Ciclos Medios, Superiores e Universitarios non terán que acreditar o nivel de renda familiar.
O Concello das Somozas convoca unha liña de axudas a familias para material escolar no curso 2024-2025. Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.
O obxectivo prioritario desta acción é promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, e compensar ás familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas matriculados e matriculadas nos ámbitos mencionados anteriormente.
Abranguerá libros escolares; os de lectura que sexan necesarios durante o curso académico; material funxible (bolígrafos, cores, libretas, folios, rotuladores…); mochilas, estoxos e neceseres; material e libros específicos para o alumnado con necesidades especiais, material informático (tinta de impresora ou memorias USB); no caso de Ciclos Formativos, material específico que teña relación coa especialidade que se curse; material incluído na listaxe de Educación Infantil distinto de material funxible (toallitas húmidas e panos); no caso de estudantes de Ciclos Medios ou Superiores e Universitarios, o concepto específico que se subvenciona é o de desprazamentos.
As persoas beneficiarias deberán estar empadroados/as no Concello das Somozas, polo menos un dos pais/nais ou tutores legais, así como as/os alumnos/as para os que se solicite a axuda. No caso de alumnas/os maiores de idade que soliciten a axuda será suficiente con que estea empadroado/a no Concello das Somozas.
As solicitudes presentaranse xunto coa documentación correspondente no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica do Concello das Somozas, empregando o formulario dispoñible no enderezo web municipal.
As solicitudes poderanse presentar desde o 16 de agosto e ata o 30 de setembro de 2024.
Consulta as bases reguladoras da convocatoria no BOP aquí.
Podes acceder á Sede Electrónica do Concello para descargar toda a documentación no seguinte enlace ou pasar a recollela no rexistro do Concello.