O sábado, 1 de febreiro, a veciñanza das Somozas terá a oportunidade de acudir á función ‘Nada se Sabe’, do Centro Dramático Galego en coprodución con Culturaactiva producións.

Esta actividade, enmarcada no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, desprazará aos veciños e veciñas que o desexen desde As Somozas ata o lugar da actuación, no Salón Teatro en Santiago de Compostela e terá un custo de 5 euros. 

O horario programado da visita é o seguinte:

  • Saída desde o Centro Cívico Sociocultural ás 14:45 horas.
  • Hora función ás 18:00 horas. 
  • Hora de saía tras o remate da función: 20:00 horas.

Inscricións, ata o 29 de xaneiro, chamando ao teléfono 881 048 466, ou de forma presencial nas instalacións do Centro Cívico en horario de 9:30 a 13:30 horas. Prazas limitadas: 18

Subídesvos o autobús do teatro?