O Concello das Somozas xa ten a súa  piscina descuberta municipal para a tempada estival aberta ao público con servizo de cantina.

O horario de apertura ao público é de luns a domingo, de l4:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de l8:00 h a 21:00 h.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a l4:00h.

Servizo cantina

Xa está dispoñible tamén o servizo de cantina, anexo ás instalacións, que está a disposición dos usuarios das instalacións, no mesmo horario que a piscina.