O Concello das Somozas está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2. O Concello de As Somozas adheriuse a esta iniciativa europea do Pacto das Alcaldías no ano 2021.

No marco deste plan,  persoal da empresa ENERGAL S.L chamará ós locais comerciais do municipio nos próximos días para realizar enquisas sobre consumo en representación do Concello. Nas visitan pedirán información sobre consumo enerxético e de combustible dos locais.

Desde a empresa que realiza as enquisas garanten que todas as respostas serán tratadas de forma anónima e confidencial. Os datos recadados axudarán a que o concello de As Somozas dispoña do seu Inventario de Emisións de Referencia.

Pedimos a túa colaboración para poder deseñar a mellor estratexia posible para o noso medio ambiente.