O Concello das Somozas participa, outro ano máis, no proxecto Aloumiños, unha iniciativa que mellora as relacións sociais e veciñais e o envellecemento activo.
Esta iniciativa, especialmente dirixida a persoas maiores de 65 anos, está aberta á participación de toda persoa interesada e ten como obxectivo combater a soidade e reforzar o envellecemento activo.
O proxecto Aloumiños é unha iniciativa impulsada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) xunto co Sergas, así mesmo, conta co apoio do Ministerio de Sanidade e da Xunta de Galicia e dos Concellos participantes. A presentación da campaña será este mércores, 10 de xuño, ás 10.00 horas na Casa do Concello.
As actividades que se promoven están centradas na promoción das relacións sociais e veciñais. Todas elas desenvolvernase desde un enfoque transversal, participativo, reflexivo e transformador. Na programación destacan as andainas na natureza, sesións de benestar emocional, exercizos cardiovasculares, obradoiros sociosanitarios e outras actividades culturais, sociais e de lecer.
Esta iniciativa considérase de alto interese para tecer relacións sociais entre a cidadanía e favorecer o envellecemento activo da poboación, cos beneficios que iso implica para a saúde física, mental e o benestar persoal e social.
Todas as persoas interesadas en participar ou en coñcer o proxecto poderán inscribirse a través do teléfono 694314517 (Sonia)