O Concello das Somozas vén de adxudicar un vehículo para servizos sociais, que poderá ser empregado polo persoal auxiliar de axuda no fogar e polo resto do persoal técnico do SAF.

Este transporte, que está subvencionado pola Deputación da Coruña ao abeiro do programa FOIC 2023,  ten unha capacidade para cinco persoas ocupantes.

Así, o Concello das Somozas pon a disposición este vehículo para facilitar as labores do persoal de axuda ao domicilio que realizan labores por todo o termo municipal.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, quixo “subliñar a importancia que ten este servizo para o noso municipio e confiamos en que este novo transporte permita proporcionar ás persoas traballadoras no Servizo de Axuda unha ferramenta útil para a gran cantidade de desprazamentos que realizan no seu día a día”.