O Concello das Somozas continúa co plan de mellora da rede de saneamento municipal e comeza as obras para a posta en marcha dunha estación depuradora, no lugar de Coto, apta para filtrar e purificar unha carga de auga residual correspondente a 100 habitantes.

Co instalación da nova depuradora optimizarase o funcionamento da rede de saneamento e mellorarán as calidades das augas e dos sistemas fluviais.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou “a importancia e o compromiso do grupo de Goberno pola renovación das infraestruturas do municipio, que permiten mellorar os servizos e por tanto a calidade de vida da nosa veciñanza”.