O Concello das Somozas segue con preocupación as novas que chegan dende a semana pasada relativas ás inundacións en Valencia e en outros puntos da península. Tamén, recibimos comunicacións da veciñanza e de entidades interesadas en facer unha recollida de productos de primeira necesidade para destinalos ás persoas afectadas polas inundacións de DANA.

Tras poñernos en contacto coa FEGAMP, 112 e Delegación do Goberno en Galicia informan que as autoridades valencianas trasladan que o que actualmente necesitan son profesionais e materiais de emerxencias e que, polo de agora, a axuda se canalice a través de doazóns que se poden facer directamente na Conta aberta pola Generalitat Valenciana (ES94 0081 0693 61 0002423445) ou través das contas habilitadas pola Cruz Vermella.

E canto as autoridades pertinentes o comuniquen, desde o Concello das Somozas organizaremos unha recollida dos productos e enseres para enviar ás zonas afectadas, en colaboración coa veciñanza e todas aquelas entidades e/ou asociación que así o desexen.