A Asociación Deportiva Cultural O Santiaguiño, en colaboración co Concello das Somozas, organizan o sábado, 14 de febreiro, un tardeo de Entroido no Centro Cívico A Garita.

A partir das 18:00 horas comezará a soar música e servirse os petiscos para celebrar un Entroido que tamén estará marcado polo concurso de disfraces.

O certame está dividido en función das idades, hai unha categoría de infantil e outra de adultos. Cada unha delas componse a súa vez de tres subcategorías: individual, por parella ou por grupo.

Ademais dos premios ás mellores vestimentas, haberá distintos sorteos.

Desde o Concello animamos a toda a veciñanza a celebrar o entroido e desfrutar desta actividade de balde.