O Concello das Somozas celebra este sábado, 16 de maio, a festividade na a San Isidro cunha completa xornada de actividades gastronómicas e musicais. Os actos comezarán ás 13:30 horas coa celebración da misa solemne, á que seguirá unha procesión acompañada pola tirada de foguetes. 
Ao remate dos actos relixiosos, a música pasará a ser a protagonista do día coa sesión vermú, que correrá a cargo do Grupo Rubí. Ademais, haberá xantar, cuxo menú estará composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, sobremesa, café e chupito. Os prezos do xantar establécense en 15 euros para os nenos e nenas de 9 a 12 anos, mentres que os menores de 0 a 8 anos poderán asistir de balde.
As persoas interesadas en asistir ao xantar teñen de prazo ata hoxe, mércores 13 de maio, para formalizar a súa inscrición. Para reservar praza, cómpre chamar aos teléfonos 679 957 780 (Enrique) ou 699 054 635 (Juan). A celebración prolongarase durante o resto do día e pecharase cunha gran festa e verbena nocturna amenizada polas actuacións do Grupo Rubí e Tocata Xou.
A xornada está organizada por Independentes de San Isidro, coa colaboración do Concello.