O Concello das Somozas celebra o Día do Libro, 23 de abril, ofrecendo títulos procedentes de doazóns particulares e institucionais.
As persoas que o desexen poderán retirar os exemplares no Centro Cívico Sociocultural, en horario de 9.30-13.30 h e de 16.00-20.00 h.
Poderanse levar e quedar en propiedade todos cantos se queiran porque como di Gonzalo Celorio (premio Cervantes 2025) “…espiritualmente somos o que leemos”.
Esta festividade lembra a emoción, a ilusión e a aprendizaxe que podemos atopar cando nos sumerximos na lectura. Aproveita esta data para achegarte ata nosa biblioteca e viaxar a través da arte das palabras.




