A Fundación Degén organiza, en colaboración co Concello das Somozas, unha charla informativa sobre o parkinson xuvenil e a rixidez muscular para concienciar sobre a importancia de seguir adiante maís alá do diagnóstico desta dura enfermidade.
O acto terá lugar este venres, 29 de maio, no Centro Cívico Sociocultural, a partir das 17.00 horas, con entrada de balde.
O faladoiro, impartido por Luisma e Gabry baixo o lema ‘Renacer en medio de la lucha’, ten o obxectivo de crear un espazo seguro, de escoita e comprensión, no que compartir experiencias e construir comunidade.
A iniciativa ten como finalidade demostrar que este diagnóstico non ten por qué apagar os soños e que a empatía e o acompañamento son vitais para percorrer este camiño.
Ademais, os encargados da charla afondaran na súa propia vivenza e na labor da Fundación Degén, tanto na súa vida como na de todos e todas as persoas que padecen parkinson e rixidez xuvenil.