O Concello das Somozas abrirá este mes de xuño a piscina descuberta municipal para a tempada estival, que volverá a contar con servizo de cantina.

O horario de apertura ao público será de luns a domingo, en horario de 14:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de l8:00 h a 21:00 h.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a 14:00h.

 

Servizo cantina

Outro ano máis, as instalacións contarán con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que estará a disposición dos usuarios das instalacións do 22 de xuño ao 30 de setembro, no mesmo horario ca piscina.