Informamos á veciñanza que desde o Ministerio de Facenda nos fan chegar unha circular que notifican que, co fin de mellorar a base de datos catastral, a Dirección Xeral do Catastro está a realizar traballos de actualización das imaxes de fachadas das vivendas do municipio que están dispoñibles na consulta de inmobles na Sede electrónica do Catastro.
Para estes efectos, informan que estes traballos realizaranse no noso municipio a partir do 18 de maio pola empresa pública SEGIPSA, que actúa como medio propio instrumental da Dirección Xeral do Catastro, e que cuxos traballadores irán debidamente identificados mediante acreditación oficial. O obxecto desta actuación é exclusivamente a obtención das imaxes das fachadas das vivendas da vila e que se tomarán desde o exterior sen requirir en ningún caso o acceso ás vivendas.