Publicada a acta de constitución do tribunal para a selección de 4 prazas de persoal operario, a través dun contrato laboral temporal de 9 meses, para o servizo da subvención do Programa Galicia Suma Talento: Rural activo do ano 2026.
Reúnense no salón de usos múltiples do Concello os membros do tribunal cualificador, designados pola alcaldía, que se constitúen para a selección de catro persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o servizo da subvención do programa Galicia suma talento: rural activo do ano 2026, segundo as bases aprobadas no Decreto nº 2026-141 do día 22/04/2026.