A veciñanza do Coto das Somozas, en colaboración co Concello, celebrará o acendido das luces de Nadal este sábado, 6 de decembro.

A xornada abrirá o marabilloso poboado de Nadal creado polos veciños e polas veciñas do lugar para espertar a ilusión nestas datas e poñer cor a este lugar da nosa vila.

Achégate ao Coto a partir das 19:00 horas para vivir unha tarde única e máxica.