A Asociación Deportiva e Cultural O Santiaguiño organiza este ano un curso de baile tradicional galego, en colaboración co concello das Somozas, impartido por Dani Picos.
As clases, dirixidas a todo o público maior de cinco anos, serán tanto de iniciación como para aqueles que queren perfeccionar as súas habilidades.
Hai dous horarios dispoñibles: luns ou mércores, a partir das 19:30.
Escollerase o o horario no que se anote a maioría, e dependendo do número de solicitudes faranse grupos ambos días.
As inscricións xa están abertas ata o 31 de outubro chamando aos seguintes teléfonos:
– Enrique: 679 95 77 80
– Kavi: 636 59 83 51
Actividade organizada pola Asociación Cultural e Deportiva O Santiaguiño e coa colaboración do Concello das Somozas.