A oficina de Abanca informa que debido á situación excepcional que vivimos e para evitar esperas e que se formen grupos comezan pagar as pensións o día 24, pero rogan a colaboración e responsabilidade de todos cumprindo as seguintes indicacións:

  • As persoas deben de entrar de UN a UN , e ata que non abandone a oficina non poderá entrar a seguinte.
  • Mentres dure a espera respectarán a distancia mínima de seguridade (1,5 m) entre as persoas.
  • Dentro da oficina da entidade bancaria tamén se respectará a liña de atención ao público que está sinalada no chan.

Tamén queren COMUNICAR que moitas das xestións que facemos de xeito habitual pódense facer por teléfono e que están á total disposición dos/as nosos/as veciños e veciñas. O teléfono de atención é o habitual: 981.40.41.10