A Malla no Seixidal volve a consolidarse como un dos eventos tradicionais máis destacados no Concello das Somozas, reunindo unha gran cantidade de asistentes para recrear a malla.

Na actividade, as persoas expertas levaron a cabo a malla tradicional con máquinas antigas, batendoos cereais coa finalidade de separar o gran do millo para despois poder elaborar a fariña. Este evento serve para revitalizar o carácter rural do municipio e poñer en valor as festas tradicionais.

Esta foi a VI edición da celebración, despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nunmuseo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.

O alcalde, Juan Alonso, destacou que “é importante seguir celebrando este tipo de eventos que poñenen valor a tradición e cultura do municipio”.

“Esta sexta edición da Malla do Seixidal confirma a aposta do noso goberno para revitalizar esta clasede festas, que reúnen a todos os veciños e veciñas, fortalecen lazos entre eles e favorecen osentimento de pertenza á comunidade”, rematou o rexedor.