Mañá, xoves 20 de abril, e o venres, día 21, desenvolverase na praza do Concello un servizo de Carglass para aplicar un tratamento antichoiva e antimosquitos nos turismos.

A iniciativa, completamente gratuíta, desenvolverase de 10:00 a 15:00 horas.

Trátase dun procedemento polo que se aplica un efecto hidrófugo ao parabrisas do vehículo, o que permite que as gotas de auga esbarren rapidamente. O tratamento aumenta a visibilidade e a limpeza con choiva e, ademais, ofrece unha función protectora antimosquitos.