O programa ofrecerá servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores do municipio na praza do Concello.

É totalmente de balde e pódese acodir tanto ós tres servizos, como a dous ou a soamente un.

Solicita a túa cita previa no 622 748 283, no 623 546 992 ou en [email protected] Só é preciso facilitar o nome, apelidos, DNI e un teléfono de contacto. Poderás acudir si tes 55 anos ou máis.