Hoxe, 28 de xuño, en conmemoración do Día do Orgullo, a casa do Concello de As Somozas loce a bandeira LGTBIQ+ da campaña da Deputación da Coruña, “Liberdade para Ser e Sentir”.

A proposta da Deputación ten como obxectivo a difusión da importancia da tolerancia e o respecto cara as persoas pertencentes ao colectivo, así como a sensibilización da sociedade coas diversidades sexuais e de xénero.

Engadido a esta acción, repartíronse pulseiras co lema do proxecto para a vecindade.