A AVV de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organizan unha comida de Entroido 2026, que se celebrará o sábado, 14 de febreiro, co obxectivo de festexar esta época do ano.

A cita terá lugar no restaurante Pena da Revolta, nas Pontes, onde se servirá un cocido composto por sopa de verduras, garbanzos, patacas, chourizo, cabeza, costela e lacón. O menú tamén inclúe os tradicionais postres do Entroido.

A programación do día contempla, ademais, música, festa e premios ao mellor disfrace, polo que desde a asociación animan a todas as persoas asistentes a ir coas súas vestimentas máis divertidas e orixinais.

O prazo de inscrición xa está aberto e estenderase ata o 8 de febreiro. No momento de formalizar a reserva, deberase realizar o pagamento da actividade, que terá un custo de 30 € para os socios da AVV de Seixas e de 45 € para os non asociados.

As persoas interesadas poderán facer a súa reserva chamando ao teléfono 619 87 82 22.