Mañá, 21 de novembro, terá lugar o 1º Pleno Infantil das Somozas, con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia que se conmemora cada ano o 20 de novembro.

Esta iniciativa nace como parte final dun proxecto escolar do CEIP O Marbán para conmemorar o dia da infancia, no que se lembra a aprobación no ano 1959 da primeira declaración de dereitos do neno no que se garante, entre outros, o dereito a que os nenos/as sexan escoitados.

Así, levarase a cabo este pleno co obxectivo de facilitar a participación infantil nos asuntos públicos e que a rapazada achegue propostas para mellorar As Somozas desde a óptica da Axenda 2030, desenvolvendo os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible, para poder transformar o mundo dende o local ao universal. Ao abeiro do disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local .

1º pleno infantil do Concello das Somozas.

  • Tipo Convocatoria: Ordinaria
  • Data e hora: 1ª convocatoria: 21 de novembro de 2024 ás 13:00
  • 2ª convocatoria: 23 de novembro de 2024 ás 13:00
  • Lugar: Salón de plenos da Casa do Concello

O traballo e as propostas foron realizadas polo cursos de 1º a 6º de primaria de CEIP O Marbán e serán defendidas polos representantes de cada curso elexido entre a rapazada, formando tres grupos.

  • Pequeños somocenses
  • Xuntos por As Somozas
  • Equipo Roque