O Concello das Somozas acollerá os días 26 e 29 de decembro un obradoiro de decoración de Nadal con libros pensad para nenas e nenos de 8 anos en adiante. Celebrarase no Centro Cívico en horario de 17 a 19:00 horas.

As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán anotarse previamente na axencia de lectura municipal.