window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

A Axencia de Lectura Municipal organiza unha ‘Cita a cegas’ coa lectura ata o martes, 17 de febreiro, para celebrar este San Valentín

2026-02-11T16:35:12+01:00Noticias|

A Axencia de Lectura Municipal organiza unha 'Cita a cegas' coa lectura ata o vindeiro martes, 17 de febreiro, para celebrar este San Valentín. A biblioteca do Centro Cívico acolle a iniciativa 'Cita a ciegas, namórate da lectura', un préstamo de libros para públicos de todas as idades na que os lectores escollerán a obra [...]

As Somozas traballa na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

2026-02-11T12:49:42+01:00Noticias|

O Concello das Somozas está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes [...]

Concerto do grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música

2026-02-11T11:29:27+01:00Noticias|

O grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música das Somozas realizará unha actuación no Centro Cívico Sociocultural o venres, 20 de febreiro.  A xornada dará comezo a partir das 20:00 horas, con entrada libre a todo o público que desexe acudir, ata completar aforo.  

O CEIP O Marbán acollerá durante os meses de febreiro e marzo o programa gratuíto ‘ComunicArte’

2026-02-04T17:31:19+01:00Noticias|

O CEIP O Marbán das Somozas acollerá durante os meses de febreiro e marzo o programa gratuíto ComunicArte, unha iniciativa destinada a mellorar a comunicación, convivencia e benestar para a comunidade educativa.  Durante o programa desenvolveranse 3 sesións co alumnado de 6º de EI, 1º e 2º de Educación Primaria do centro, así como tamén [...]

A unidade móbil de ITV de vehículos agrícolas estará nas Somozas o 3 e 4 de marzo

2026-02-03T14:28:46+01:00Noticias|

A unidade móbil para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas estará nas Somozas o vindeiro mes de marzo, o 3 e 4 de marzo.  Situarase na urbanización O Carballo, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Solicita a túa cita previa no 981 92 80 80 ou a través [...]

As Somozas celebrará un tardeo de Entroido

2026-01-30T13:07:13+01:00Noticias|

A Asociación Deportiva Cultural O Santiaguiño, en colaboración co Concello das Somozas, organizan o sábado, 14 de febreiro, un tardeo de Entroido no Centro Cívico A Garita. A partir das 18:00 horas comezará a soar música e servirse os petiscos para celebrar un Entroido que tamén estará marcado polo concurso de disfraces. O certame está [...]

As Somozas arranca a súa programación cultural de febreiro coa obra teatral ‘The Show Moscón’

2026-01-29T13:14:32+01:00Noticias|

O venres, 6 de febreiro, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a partir das 20:00 horas a función 'The Show Moscón'. O circo de monicreques ambulantes fará unha parada no Concello das Somozas para amosarlle ao público os diferentes números artísticos que agocha no interior do seu armario. A idea, que nace como homenaxe [...]

Festa de Entroido 2026

2026-01-28T11:24:07+01:00Noticias|

O Pavillón Municipal das Somozas acollerá o vindeiro 13 de febreiro a tradicional Festa de Entroido.  A partir das 17:00 horas, as instalacións deportivas abrirán as súas portas para celebrar esta festividade típica destas datas. Ademais, haberá inchables, chocolatada, concursos de disfraces e moita diversión. O concello convoca, como cada ano, un certame de disfraces [...]

Comida de Entroido, organizada pola Asociación de Veciños de Seixas

2026-01-28T11:13:06+01:00Noticias|

A AVV de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organizan unha comida de Entroido 2026, que se celebrará o sábado, 14 de febreiro, co obxectivo de festexar esta época do ano. A cita terá lugar no restaurante Pena da Revolta, nas Pontes, onde se servirá un cocido composto por sopa de verduras, garbanzos, patacas, [...]

Programación cultural de febreiro e marzo

2026-01-27T17:10:05+01:00Noticias|

O Concello das Somozas xa conta coa programación cultural para os meses de febreiro e marzo. Un total de seis actividades, serán as protagonistas dos vindeiros meses: 6 de febreiro | Teatro 'The Show Moscón', da compañía Galitoon O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o venres, 6 de febreiro, ás 20:00 horas a función [...]

Ir a Arriba