O grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música das Somozas realizará unha actuación no Centro Cívico Sociocultural o venres, 20 de febreiro.
A xornada dará comezo a partir das 20:00 horas, con entrada libre a todo o público que desexe acudir, ata completar aforo.